3 de junio de 2013

Vittorio Giardino

Vacacións fatais é o título dunha serie de contos gráficos publicados polo autor boloñés Vittorio Giardino. Vittorio Giardino, un dos grandes autores de novela gráfica europeo, ofrécenos un volume de historias curtas nas que o fío condutor son as vacacións dos seus protagonistas. Coa ironía e a sutileza gráfica que o caracterizan, Giardino narra catro viaxes de soño entre medos, rebelións y remordementos."As vacacións son una época do ano na que desexamos que os soños se fagan realidade, pero, ás veces, os nosos propios soños poden sorprendernos e deixar ao descuberto o verdadeiro xogo das aparencias, os disimulos e as mentiras".