Apetecianos moito pasar medo -un pouco, sen esaxerar-, para celebrarmos como convén a Noite de Defuntos. Lemos unha escolma de contos de terror: Poe, Maupassant e Lovecraft. Non hai a menor dúbida: o que máis medo mete é Lovecraft. Ten algo de visionario, algo freudiano e tamén algo de ciencia ficción. Temos as Obras Completas dos tres autores, e agora, entre todos, cómpre escoller os contos. E despois, para nos divertir, veremos a película A lenda de Sleepy Hollow, dirixida por Tim Burton e protagonizada por Johnny Depp ,que -por si non o sabedes- está baseada nun relato escrito por Washington Irving en 1820, na súa coleccion: The Sketch Book of Geoffrey Crayon.
6 de noviembre de 2012
7 de octubre de 2012
Un xiro decisivo
Andrea Camilleri é un dos máis famosos escritores sicilianos. Quería escribir "italianos", pero Sicilia impúxose. Os oitenta anos xa os cumpliu hai tempo, pero non lle quitaron as ganas de escribir, a imaxinación nin o sentido do humor. ¿E qué me dicides do gusto de vivir? Encántame ler as súas receitas de cociña, o agarimo que pon ao describir unha boa comida. Parece que nos chega desde as súas obras o arrecendo da súa terra, a benamada Sicilia. Imos comezar a lectura de Un xiro decisivo. Agárdanos o comisario Montalbano.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)