28 de abril de 2008

O daimonion de Catalina

Quero propoñervos o daimonion de Catalina: o bufo, a curuxa.

¿Non me digades que esta muller non é unha enciclopedia andante? Pois eu sempre asociei a curuxa co mestre, con persoas reflexivas, estudiosas... E cando se queda mirandoche con eses ollos abertos que non sabes o que hai detrás deles... Os mesmos que os da curuxa....

Catalina díxome que Atenea é frecuentemente representada con este animal, símbolo da sabiduría, da intelixencia e da sabiduría, e, segundo lin, mesmo a propia Atenea puido ser unha curuxa.

E ¿sabíades que Grecia incorporou este animal no anverso das súas moedas de euro?

¿A que é un daimonion apropiado para Catalina /Atenea? Eu espero que a ela lle guste...

6 de abril de 2008

O lapis do carpinteiro

Pois como ben dicía Carlos o noso novo libro é: O LAPIS DO CARPINTEIRO de MANUEL RIVAS e da editorial XERAIS.

Segundo afirma na contraportada este libro é unha historia de amor, melancolía e liberdade, en tempo de guerra e posguerra que chega ata os nosos días. Un grande amor entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia de ambiente reaccionario e o médico republicano Daniel Da Barca, posuidor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos.
Fronte a eles a mirada escrutadora dun home qu non tiña medo, Herbal, o garda da cadea da Falcona que verá restaurada a súa condición de ser humano por obra e gracia de tantas formas de amor como o lapis do carpinteiro lle foi ensinando a debuxar.

O lapis do carpinteiro (A peli)

Un día destes falareivos da peli, pero para entrar en tema algunhas curtas pequenas da peli, non as perdades que non teñen desperdicio...


A PRESENTACIÓN





A TOS QUE NON CESA



FOI COMA UN SONO QUE NUNCA EXISTIU

2 de abril de 2008

Carlos: O meu daimonion

O meu daimonion é unha osa ibérica.
Como está en "piligro" de extinción, son único na miña especia.
Tamén me parezo a ela porque é omnívora, é a verdade, todo vai ó "estómagho", sexa verdura, sexa carne, sexa pescado, sexa froita... ¡Umm... todo riquísimo!
E sinto certa atracción polas croquetas de Raquel nas reunións da biblio...
¡ÑAM, ÑAM!