27 de mayo de 2008

EL LIENZO DE TINTORETTO

Dunha reunión do clube de lectura saiu o libro de "La joven de la perla" de Tracy Chevalier. Eu xa lin este libro o ano pasado por unha amiga que mo prestou. A partires da lectura a por unha viaxe que fixera recentemente a Holanda, recuperei a Vermeer, e o redescubrín, aínda que pode ser que realmente o coñecera agora de verdade. Despois vin a película, coido que bastante fiel ao texto.

Por iso e aproveitando a lectura de libros relacionados coa pintura mercamos para o clube "El lienzo de Tintoretto" de Thierry Maugenest. É iste un libro curto e de fácil lectura como o anterior, aínda que non ten nada que ver. Comentei con Monse, que o está lendo agora, que é unha especie de "Codigo da Vinci", aínda que non ten nada que ver con no fondo.

Acércanos ao mundo deste pintor, nado un século antes que Vermeer, dun estilo totalmente distinto, e a trama mezcla a época actual con do século XVI en vida do pintor cando pinta en Venecia (e aproveito para dedicarllo a Manuel Lamas...) as obras para a igrexa de San Rocco.

Podería poñervos un video das obras deste pintores, pero invítovos a ler os dous libros, moi sinxelos e entretidos (xa sei que hai para todos os gustos...) e a visitar o blog de "La joven de la perla" y "Arte en la red". Merecen un pequeno paseo. E a disfrutar da lectura, do cine e da arte!

28 de abril de 2008

O daimonion de Catalina

Quero propoñervos o daimonion de Catalina: o bufo, a curuxa.

¿Non me digades que esta muller non é unha enciclopedia andante? Pois eu sempre asociei a curuxa co mestre, con persoas reflexivas, estudiosas... E cando se queda mirandoche con eses ollos abertos que non sabes o que hai detrás deles... Os mesmos que os da curuxa....

Catalina díxome que Atenea é frecuentemente representada con este animal, símbolo da sabiduría, da intelixencia e da sabiduría, e, segundo lin, mesmo a propia Atenea puido ser unha curuxa.

E ¿sabíades que Grecia incorporou este animal no anverso das súas moedas de euro?

¿A que é un daimonion apropiado para Catalina /Atenea? Eu espero que a ela lle guste...

6 de abril de 2008

O lapis do carpinteiro

Pois como ben dicía Carlos o noso novo libro é: O LAPIS DO CARPINTEIRO de MANUEL RIVAS e da editorial XERAIS.

Segundo afirma na contraportada este libro é unha historia de amor, melancolía e liberdade, en tempo de guerra e posguerra que chega ata os nosos días. Un grande amor entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia de ambiente reaccionario e o médico republicano Daniel Da Barca, posuidor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos.
Fronte a eles a mirada escrutadora dun home qu non tiña medo, Herbal, o garda da cadea da Falcona que verá restaurada a súa condición de ser humano por obra e gracia de tantas formas de amor como o lapis do carpinteiro lle foi ensinando a debuxar.

O lapis do carpinteiro (A peli)

Un día destes falareivos da peli, pero para entrar en tema algunhas curtas pequenas da peli, non as perdades que non teñen desperdicio...


A PRESENTACIÓN





A TOS QUE NON CESA



FOI COMA UN SONO QUE NUNCA EXISTIU

2 de abril de 2008

Carlos: O meu daimonion

O meu daimonion é unha osa ibérica.
Como está en "piligro" de extinción, son único na miña especia.
Tamén me parezo a ela porque é omnívora, é a verdade, todo vai ó "estómagho", sexa verdura, sexa carne, sexa pescado, sexa froita... ¡Umm... todo riquísimo!
E sinto certa atracción polas croquetas de Raquel nas reunións da biblio...
¡ÑAM, ÑAM!

31 de marzo de 2008

Reunión do 31-03-2.008

Nesta reunión tratamos sobre os libros que íamos a ler neste 3º trimestre. Quedámonos a xantar na biblioteca. A comida estaba "riquísma". Trouxemos patacas fritas, torta, pasteis, croquetas (o mellor de todo) e tamén empanadillas. Como dicimos nós: as cousas trátanse co estómago cheo e con calma.
Ó final imos ler O lapis do carpinteiro, En nombre de la rosa e Balzac y la joven costurera china.
¡Seguro que o pasaremos xenial!

Eu e o meu daimonion


Adentarndome no mundo da informatica decidin publicar sobre o meu daimonion, un ourizo, e como non podia ser outro que o ourizo da miña infancia Espinete, que recordos quan volvera a ter tres anos.

Aqui tamen sae o seu gran amigo Don Pimpon

28 de marzo de 2008

El dios Tot

¿Os ha sorprendido el título de esta entrada?. Como recordaréis, en la mitología del Antiguo Egipto Tot era el dios inventor de la escritura, el dios de la sabiduría y el patrón de los escribas, cuyo código moral, llamado con el mismo nombre que la diosa Maat, era sumamente estricto pues ellos eran los garantes de la justicia. Eran proverbiales su dedicación al trabajo y su ética profesional. El símbolo de Tot era el ave sagrada ibis. Ahora ya lo comprendéis, ¿verdad?. ¿Cuál podría ser si no el daimon de Marina?

21 de marzo de 2008

Reseña de "A biblioteca da iguana"

O libro que lin desta última vez foi o conxunto de relatos titulado A biblioteca da iguana , de Xosé Miranda .
Este título chamoume moito a atención e fixo que tivera gana de ler o libro polo inusual ,porque parece algo ilóxico ,fantástico .
O conxunto de minirrelatos que forman o libro son de intriga ,de suspense ,... Algúns provocan en ti o espanto porque os sitúas na vida cotiá .
Impactáronme case todos porque o narrador fai unhas descricións tan detalladas que te adentras totalmente no relato .Pero gustáronme especialmente os relatos titulados "Crisálida" e "Caravana".
O primeiro ,pola ficción terrorífica que narra ,ademais de estar escrito en formato de carta ,que eu poucas veces lera ,co cal sempreu che parece que non o sabes todo .
O segundo ,porque o relaciono coa desesperación cotiá da xente e ,ó velo tan real na miña mente ,asústame .
En definitiva ,o libro ,en xeral ,gustoume moito pola súa diversidade de temas ,todos co factor común da intriga .Porque aínda que hai abondosas descricións ,os relatos son rápidos ,amenos ,...
Remato cunha idea na mente ,poder chegar algún día ,a facer unha curtametraxe co titulado "O piso de enriba".

Reseña de "Morning Star"

A obra que lin trata a historia dun dos bandoleiros máis sonados do século XIX en Galicia :Lourenzo Tasende .No libro ,como fondo ,a historia da pelexa entre dúas gavelas ,el chega a pertencer a ambas ,unha con xefe galego e outra con xefe portugués .A disputa ,cuxo nome tamén leva a taberna do pai de Lourenzo ,outro famoso bandoleiro ,é debida a que ,nun primeiro momento ,ambas gavelas eran a mesma ó mando dun xefe xa falecido .Este levou con el o tesouro do asalto ó barco Morning Star ,ata a súa "tumba" .Agora ,todos o andan a buscar .Esta loita na que se implica Lourenzo dende rapaz debido ó ambiento no que se cría (a súa nai falece e seu pai vai cara á perdición ) fai que ,coma moitos homes ,el e mais a súa namorada se atopen ó bordo da morte en numerosas ocasións ,pero ,tamén ,que Lourenzo viva novas experiencias (se atope no medio das revoltas da época,viva o seu primeiro e gran amor ,que lle axudará a cultivarse ,coñeza o valor da amizade ,e ,incluso ,presencie grandes atrocidades ).
Así comeza a súa busca da liberdade ,que finalmente atopará ,comezando unha nova vida.

Esta obra gustoume moito .É unha novela histórica ,pero tamén é a superación dun rapaz fronte á adversidade ,de como ás veces se sae adiante cando parece imposible ,...
Comparándoa con outras novelas de bandoleiros e gavelas ,esta pareceume mellor polo feito de que nesta ,tanto as relacións persoais ,coma os feitos ,lévanse ó límite .Fálase do que unha persoa é capaz de chegar a facer na busca da riqueza ,da avaricia ,pero tamén de odio ,medo ,amor ,...
Ademais ,aínda que haxa un protagonista claro ,hai outros moitos personaxes importantes .A min chamoume a atención o cego ,pero non polo feito de que loitaba moi ben ,senón pola descrición do seu traballo na obra ,é moi interesante .El adicábase a cantar historias ,sucesos, polas feiras dos pobos .

Reseña de "Agosto do 36"

No libro "Agosto do 36",de Xosé Fernández Ferreiro ,a partires dun caso concreto ,feflíctese a vida na época da guerra ,na que os veciños asasinábanse entre eles ,na que se apuntaban culpables co dedo ,...
Esta é unha historia das tristuras da guerra ,da vida cando se troca mala ...
Este libro gustoume moito por mil e unha razóns .Gustoume pola maneira que ten o autor de tratar a guerra ,pola maneira de narrar a historia ,na que te metes no pelexo dun dos veciños .Porque toca temas tan diversos coma o amor ,a carraxe ,as mentiras ,o sufrimento ,a envexa ,... ,e como todos eles poden facer tanto na vida das persoas .Porque se sitúa na nosa terra ,porque é a nosa historia ,da que ademais ,ulitmamente ,estou moi enterada co gallo da recuperación da Memoria Histórica ,...
O único defecto que lle atopei ó libro foi a lentitude coa que ocorren os feitos ,no libro só se narran cinco días ;aínda que así tamén o lector sente a longa espera que sofren ambos bandos ,falanxistas e republicanos ,ata chegar a asasinar e ser asasinados .
Recomendo este libro ,é unha lectura moi amena para unha tarde fría coma a destes días .

Sara

14 de marzo de 2008

Xa temos "daimonios"

Na última reunión do clube dedicámonos a buscar os nosos "daimonios". A pesares de que non encontraramos para todos por falta de tempo, a maioría dos integrantes xa temos. O meu castor gústame porque creo que se parece moito a min (eu son Raquel). Carlos dixo que o seu, que é unha osiña, adecúaselle moito xa que os osos son omnívoros. Recordade que os homes teñen un daimonion femia e as mulleres, macho. Leticia escolleu o lobo porque é moi leal á súa "manada"; e Lucía quería que fora unha abella, pero terá que ser un abellón. A Manuel tocoulle a garduña, porque decía Iria que tiña que ser un animal moi "insistente" (Iria, cando leas isto, corríxeo ou amplíao). A Iria correspóndelle o cabalo, por ser unha persoa moi nobre e leal. Os que nos faltan, os de Oki, Marina e Catalina, desvelaránse na seguinte entrega. ¡Estade atentos!

26 de febrero de 2008

Xantar cinematográfico


Onte vimos case toda a película El señor Ibrahim y las flores del Corán. Gustounos moito xa que Momó, que foi o que máis lle gustou a Leticia, facíao moi ben de feito agradounos máis na película que no libro. Pensa Lucía que tampouco o facía nada mal o señor Ibrahim pero o pai de Momó era odioso, se xa era malo no libro, na película moito máis. Tamén comenta Leticia que, aínda que é unha historia triste, a música que poñen tan alegre, dos anos 60, quítalle esa tristura á película.

O xantar foi moi divertido, as croquetas e as empanadillas estaban riquísimas, se non preguntádelle a Carlos. Durante a comida estivemos falando dos nosos daimonios, xa case todos os dixemos, só faltan Gloria e Catalina, que se resisten. Entre todos escollémos os da xente que non tiña, pasamos un rato ben divertido. Xa hai que pensar na próxima xuntanza!

Leticia e Lucía.

20 de febrero de 2008

Reunións e máis reunións arredor do Sr. Ibrahim


Como xa sabedes, ou eso creo, o Luns 18 reúnese o clube de lectura arredor dunha comida compartida e tamén dunha peli, ¿adiviñades cal?... Si, xusto esa na que estades a pensar: O Sr. Ibrahim y las Flores del Corán

FICHA TECNICA:

El señor Ibrahim y las flores del Corán [Monsieur Ibrahim et les fleurs du Coran]
Premio del Público al Mejor Actor, Festival de Venecia, 2003César 2004 al Mejor Actor

Pais:Francia

Ano: 2003.

Duración: 95m.

Dirección: François Dupeyron.

Intérpretes: Omar Sharif (Sr. Ibrahim), Pièrre Boulanger (Momo), Gilbert Melki (padre de Momo), Isabelle Ranauld (madre de Momo), Lola Naymark (Myriam), Isabelle Adjani (la estrella).

Guión: François Dupeyron y Eric-Enmanuel Schmitt.

Fotografía: Rémy Chevrin.

Producción: Michèle Petin y Laurent Petin.


Pequeña gran xoia dramática de emocións, momentos de humor e sensacións variadas que te engaiola dende o primeiro momento.

Descríbenos ós protagonistas de forma sinxela e honesta e que é capaz de conmover o corazón do espectador.

Omar Sharif ( o sr. Ibrahim), gran actor onde os haxa, tamén borda o seu papel nesta película e pola súa interpretación recibiu o cesar ( premio da academia francesa do cine) ó Mellor Actor no ano 2003.

14 de febrero de 2008

Unha visión do amor

Neste día dos namorados quixera compartir con vos un texto de Rabindranath Thakub Tagore do seu libro "El jardinero" :

Te quiero. Perdóname mi cariño. Pajarillo que te has extraviado; ando perdido como tú. Cuando mi corazón todo tembló de gozo, perdió sus velos y se quedó desnudo. Cúbrelo tú de piedad, ¡Y perdóname mi cariño!.

Si no me puedes amar, perdóname mi tristeza. Pero no me mires así tan de lejos. Iré en silencio a ocupar mi lugar y me sentaré en lo oscuro, cubriendo con mis manos mi desnudez avergonzada. No me mires, ¡ Y perdóname mi tristeza!

Si me amas, perdóname mi gozo. No te rías de mi despreocupación, aunque veas que mi alma entera se me escapa en ese océano de alegría. Cuando me siente como tirana de amor sobre mi trono y reine sobre ti; cuando, igual que una diosa, te conceda favores, no repares en mi soberbia, ¡y perdóname mi gozo!

10 de febrero de 2008

Máis sobre Eric-Emmanuel Schmitt

Recordades que este é o autor do Sr Ibrahim e as flores do Corán que creo que xa remastedes tod@s os do clube de ler e supoño que tamén recordades que nun post mencionei que este libro era parte dunha triloxía na que tamén había os títulos de "Milarepa" e "Oscar e Mamie Rose". Pois estes dous libros acaboos de mercar para a biblio, teño que dicir que Milarepa non me gustou especialmente pero si me encantou o de Oscar e Mamie Rose.

MILAREPA: Todas as noites Simón ten o mesmo soño. Unha muller enigmática vaillo interpretar: é a rencarnación do tío de Milarpa, o célebre místico tibetano do século XI, que oidaba a morte ó seu sobriño. Para poder saír do ciclo das rencarnacións Simón debe contar a súa historia a dous homes identificándose con eles ata o punto de mesturar as súas identidades e que os seus entes se confundan. Pero ¿onde remata o sono e o onde a realidade?.

OSCAR E MAMIE ROSE: Son estas unha serie de cartas que un neno de 10 anos enfermo terminal de leucemia escribe a Deus, estas foron encontradas por Mamie Rose que é o seu gran apoio durante a última parte da súa enfermidade. Estas cartas describen 12 días da vida de Oscaer dunha forma poética e orixinal, son días divertidos e conmovedores e incluso son días marabillosos dentro da gravidade do tema.

Deste libro si vos direi que me parece precioso, pola forma de como enfoca un tema tan serio e difícil como é a morte, e non é cuestión de crer ou non en Deus, senón de como se pode afrontar as cousas que nos pasan tratando de aproveitar o tempo. MARABILLOSO.

28 de enero de 2008

Ángeles y demonios


Aínda que Marina nos pediu que comentasemos a película de La brújula dorada eu vou facer oídos xordos para recomendarvos outra novela, Ángeles y demonios, de Dan Brown, o exitoso escritor do Código da Vinci. Nun laboratorio de máxima seguridade, aparece asasinado un científico cun extraño símbolo grabado a lume no seu peito. Para o profesor Robert Langdon, protagonista tamén do Código da Vinci, non cabe dúbida algunha: os Illuminati, os hombres enfrontados á Igrexa desde os tiempos de Galileo, regresaron. E desta volta dispoñen da máis mortífera arma que creou a humanidade, un artefacto co que poden gañar a batalla final contra o seu eterno inimigo. Acompañado dunha nova científica e un audaz capitán da Guarda Suiza, Langdon comeza unha carreira contra reloxo, nunha búsqueda desesperada polos recobecos máis ocultos do Vaticano e en xeral de toda Roma. Necesitará todos os seus coñecemento para descifrar as claves ocultas que os Illuminati deixaron a través dos siglos en manuscritos e templos, e todo o seu valor para vencer ao despiadado asasino que sempre parece levarlle a dianteira.
Gran parte das accións que aparecen nesta novela transcorren en numerosas basílicas e templos da capital italiana por iso este é un libro que recomendo especialmente a todos aqueles que visitaron esta cidade. Non por isto deixa de ter interés para os que non a visitaron pois a trama é completamente comprensible aínda que non se coñezan os escenarios nos que transcorre. Estase a falar tamén da estrea do filme baseado nesta historia para maio do 2009.

24 de enero de 2008

Máis sobre o s. Ibrahim e as flores do corán


TÍTULO: El Sr Ibrahim y las flores del Corán

AUTOR: Eric-Emmanuel SChmitt.

El señor Ibrahim y las flores del Corán é un canto a concordia e a paz entre as persoas. Trata da amizade que se entabla entre dúas soidades, unha que comeza a vivir e outra que se atopa ó final do percorrido. Entre Momo (un adolescente), e un ancián Ibrahim, que leva unha existencia triste e rutinaria, detrás do mostrador da súa tenda de comestibles. O neno é xudeo e o tendeiro musulmán. Pero estas diferencias non teñen ningunha importancia, o esencial é que son complementarios. Momo dalle ó ancián a última xustificación na súa vida e o Sr Ibrahim infúndelle ó xove a confianza plena de sabiduría que precisa par ao seu crecemento interior. Unha marabillosa relación, intelixente, sensible e chea de humor.

Ademais non é un libro que teña que ver coa relixión, a pesar do seu título, ten máis que ver coa forma de entendela, coa razón e coa liberdade. Ibrahim é un home respetuoso do Corán, pero as súas crenzas non menoscaban o seu humanismo, a súa filosofía da vida que é a que vai transmitindo o seu xove amigo. Non importa pois a relixión senón as persoas e a vida. Momo é un rapaz que vive só nunha casa da Rúa Azul, onde o Sr Ibrahim ten a súa tenda, e nela vive sentimentos de egoismo e indiferencia (do seu pai que o abandona), tamén vive a súa primeria experiencia amorsosa e a súa primeira decepción cunha veciña da súa idade, e tamén entra no mundo do sexo da man das mulleres que exercen a prostitución no seu barrio. O Sr Ibrahim ensinaralle outras cousas importantes no muno.

Este libro forma parte da triloxía do invisible, que reúne tres narracións breves en torno ás relixión. Os outros títulos son 'Milarepa' (unha reflexión sobre o budismo) e Oscar e Mamie Rose (sobre o cristianismo).

Dende o meu punto de vista esta é unha obra de paz, e agora que se está acercando a celebración do día da paz (30 de xaneiro) é un momento ideal para a súa lectura e tamén para vela ( é unha fermosa película) da que falaremos outro día e tamén unha obra de teatro... ¡A ELIXIR!

14 de enero de 2008

El señor Ibrahim y la flores del Corán



Para a elección de unha nova lectura no noso clube, presentámosvos esta suxerencia: El señor Ibrahim y las flores del Corán. A nós pareceunos un libro entretido e que engancha, cun vocabulario sinxelo. Un pouco impactante (sobre todo a primeira frase), según Leticia. É moi bonito o cariño que se acaban collendo entre eles dous, Momó e o señor Ibrahim, pensa Lucía. A imaxe que se reflicte no libro de Europa e do mundo enteiro, na viaxe que fan os dous, un mundo sen fronteiras, foi o que máis lle gustou a Catalina do libro. O que non nos gustou a ningunha das tres é a soidade na que o pai de Momó o deixa vivir e que a súa nai o abandonara. A nós gustounos moitísimo, recomendámosvos lelo a todos, podédelo coller na biblioteca.